jueves, 7 de mayo de 2015

Segunda análise







Aquí temos un par de capítulos de Hora de aventuras,outra serie de animación, estadounidense neste caso, que trata das aventuras de Finn, un neno de 12 anos, e o seu can Jake, que  ten o poder de cambiar de forma ao seu antollo. Estos personaxes principais tamén interactúan con outros secundarios, como pode ser Marceline, a raíña dos vampiros, o rei xeo, que ten poderes de xeo e unha multitude de princesas diferentes, como a princesa chicle, a cal está feita de chicle. Trátase dun mundo post apocalíptico, polo que poden resultar un pouco extravagantes, pero están tendo moito éxito.
Nestos debuxos podemos atopar un pouco de todo, en canto aos personaxes, haihai variedade entre masculinos e femininos, máis ou menos por igual, e tratándose de criaturas diferentes (humanos, chuches,vampiros, princesas de todo tipo, como a princesa chicle ou a princesa bultos...) maiormente as relacións son de compañeirismo e amizade, aínda que ao tratarse dunha serie de aventuras nas que os protagonistas se enfrentan a todo tipo de monstruos sempre se pode atopar algo de violencia (loita con espadas, corpo a corpo.. ). A pesar de presentar violencia non se econtra ningún tipo de lenguaxe inapropiado. Non se fomenta a discriminación nin actitudes disruptivas, todo o contrario, transmite valores e é unha serie moi entretida e divertida debido á súa variedade de temas, personaxes, historias e aventuras, sempre é diferente. Neste caso trataríase dun programa de calidade media segundo a clasificación anterior.



Primeira análise







Seguimos agora cunha breve análise da serie Narigota, la aventura del agua, unha serie española emitida desde o 2001. Esta é unha serie que trata dunha pinga de auga que se aventura cos seus amigos, un cubiño de xeo e unha nube de vapor, evitando a contaminación ambiental producido por un xermén. Trátase dunha serie didáctica na que se ensina aos nenos a coidar o medio ambiente. Como se pode observar no vídeo, os protagonistas son elementos da natureza personificados, pero na maioría dos casos personaxes masculinos. Este programa non presenta ningún tipo de discriminación nin acción violenta, a pesar de haber un personaxe enemigo que fai o papel de malo que quere contaminar todo. Tamén é apropiada a linguaxe que se emprega , sen palabras obscenas que non deben escoitar os nenos. Abundan as relacións de amizade e compañeirismo. Segundo a clasificación que fixemos anteriormente trataríase dun programa de alta calidade, por presentar contidos educativos e ningún nocivo. En conclusión sería unha boa serie para os nenos, posto que, ademais de proporcionar entretemento ensina con coñecementos e valores en canto ao saber do medio ambiente e os conciencia de que hai que coidalo.











Aspectos a ter en conta á hora de analizar

Os aspectos que máis preocupan e nos que é máis importante fixarse son, en primeiro lugar, e non por orde de importancia, os personaxes. É esencial que os personaxes que protagonizan os programas que ven os nenos sexan boas influencias, por iso é moi importante analizar as súas características, valores e actitudes. En canto a este aspecto, en xeral aparecen máis personaxes masculinos que femininos, pero si que é certo que desde que apareceu a televisión hai un incremento na porcentaxe de mulleres nos programas. Tamén temos que fixarnos nas relacións que aparecen entre os personaxes, xeralmente familiares ou de amizade. Por desgracia, na nosa sociedade dáselle moita importancia ao físico, polo que podemos atopar moitas veces cultos a este, a mensaxe de que a delgadez nos pode traer o triunfo ou a felicidade é prexudicial para os nenos, traendo consigo, en ocasións ata trastornos alimenticios como a anorexia ou a bulimia. A violencia e o sexo son dos temas máis alarmantes, aínda que os programas dirixidos aos nenos non conteñene en abundancia estos aspectos. Como xa dixemos, os valores e actitudes dos personaxes é moi importante, podemos encontrar actitudes prosociais ou disruptivas, como a discriminación, xa sexa de raza, sexo, nacionalidade, relixión... ao contrario que a violencia, encóntrase máis discriminación canto máis preto está o ano de produción. Outras condutas disruptivas poderían ser o consumo de alcohol ou drogas, que contadas veces se encontran na programación infantil. Por último está a publicidade, que ocupa un gran espacio na programación infantil, e en parte é o que a mantén viva, xa que grazas aos nenos que ven os xoguetes e demais nos anuncios e llos piden aos seus pais, as empresas dos anuncios seguirán pagando a aqueles canles que lles sirvan de publicidade e consigan ventas, de maneira que poidan seguir emitindo os programas.



Metodoloxía da análise

Nós non fixemos unha investigación completa, pero buscamos pola rede outras e baseámonos na que máis completa nos pareceu. 

O primeiro paso sería a conceptualización.
O segundo paso a elaboración dun protocolo categorial, que ven sendo una serie de normas que nos din como segmentar un corpo segundo unha serie de criterios interpretativos e como efectuar o rexistro de datos para o seu posterior uso estadístico. 
Destácanse tres aspectos esenciais a analizar: o contexto xeopolítico do programa, xa que o país no que se produce ten  unha grande influencia; os actores do programa e a publicidade.
Adóitanse usar secuencias como unidade de análise, pero pareceunos mellor a opción deste traballo de analizar por actos, xa que son máis diferenciables e fáciles de identificar.
Para realizar a segunda parte do protocola, a guía de rexistro de datos, utilizáronse 11 fichas de análise que xa se utilizaran tamén en investigacións anteriores, de maneira que xa foran testadas, aínda que con modificacións. Estas fichas conteñen todo tipo de información acerca do programa, como poden ser aspectos sobre a produción, a publicidade, a duración do programa con publicidade incluída, a categoría á que pertence (ficción ou calquera outro xénero, series,películas, animación, documentais...), outras categorías como informativos, reportaxes, entrevistas, debates... se son retransmitidos, en directo, características dos personaxes, os seus valores e actitudes, a violencia que contén o programa se a contén, presencia de actos sexuais, discriminación... e todo tipo de influencias que poida recibir o neno.
O seguinte paso é a selección da mostra. Débese escoller a mostra máis representativa do programa e que non corresponda a un capítulo especial, como poden ser os de nadal ou calquera outro.
O cuarto paso é o  rexistro, onde se analizan, se xuzgan e se codifican os datos recollidos. O quinto paso é a comprobación da fiabilidade da codificación, e o sexto a redución e análise dos datos, onde se calculan porcentaxes e se elaboran tablas de continxencia.


miércoles, 6 de mayo de 2015

Clasificación dos programas segundo o nivel de calidade

A partir dos criterios que vos citamos na entrada anterior podemos clasificar os programas nos seguintes tipos:


-Alta calidade: se presentan contidos educativos e non nocivos para o neno.

-Calidade media: se presenta contidos educativos pero acompañados de elementos negativos ou lenguaxe inapropiado, e tamén aqueles programas que non presenten contidos educativos pero tampouco negativos.
-Calidade baixa: aqueles programas que presenten contidos sexuais, independientemente de si conteñen educativos ou non.


De esta maneira sabemos máis ou menos cales son os programas que deben ver os nenos e cales non.

Criterios

Xa subimos unha introdución, así que agora toca contarvos os criterios que seguimos para determinar a calidade dos programas. Por unha parte temos estos:


-Ausencia de contidos de violencia.

-Ausencia de contidos sexuais inapropiados para menores de idade: voyerismo, fetichismo, exhibicionismo, acoso ou contactos físicos forzados.
-Ausencia de lenguaxe grosero ou descalificador.
-Presencia de contidos educativos (cognitivos, socio-emocionais, informativos...).


Por outra parte podemos seguir outros criterios:

-Que predomine a produción propia.
-A novidade, que a ano de produción dos programas esté próximo ao ano de emisión.
-Regularidade, que os programas se emitan habitualmente nos mesmos días e franxas horarias e que non se produzan cambios repentinos e inesperados nos espazos anunciados.
-Horarios adecuados, que os programas sexan emitidos cando é máis probable que os nenos e as nenas estén na casa.
-Os programas teñen que estar feitos específicamente para unha audiencia infantil.
-Debe contar con recursos suficientes que permitan garantizar unha alta calidade en todos os elementos de produción (guión, elenco, direción, edición, grabación, sonido, etc.).
-Horarios adecuados, que os programas sexan emitidos cando é máis probable que os nenos e as nenas estén na casa.
-Debe ser apropiado para a audiencia infantil española. Os modelos culturais representados deben ser acordes á realidade dos destinatarios.
-Ausencia de contidos sexuais inapropiados para menores de idade.
-Ausencia de violencia.
-Ausencia de lenguaxe inapropiado.
-Presencia de condutas construtivas: cooperación, responsabilidade, honestidade...
-Ausencia de condutas disruptivas como o egoísmo, deshonestidade...
Ausencia de explotación publicitaria.
-Diversidade. Inclúe a diversidade na representatividade social, diversidade no tipo de programa, diversidade na programación vertical e horizontal, diversidade estilística e diversidade de audiencia.




Estrutura do traballo

Agora que xa temos rematado o traballo podemos explicar como foi a nosa análise da programación infantil. En primeiro lugar, explicámosvos como decidimos estruturar o traballo. Pois ben, para empezalo fixemos unha breve introdución acerca do tema, facendo ver a súa importancia e unha guía de criterios para saber como debe ser un programa infantil para ter unha calidade canto menos aceptable, en segundo lugar temos a metodoloxía que se usaría para realizar a análise, seguida da análise en sí dun par de exemplos, facendo referencia a distintos aspectos que hai que  ter en conta na programación infantil, e por último, a conclusión, facendo unha breve reflexión.

El cine visto a través del conductismo

Dentro del conductismo podemos hablar del condicionamiento clásico y del condicionamiento operante. En este escrito, nos centraremos en el c...