Nós non fixemos unha investigación completa, pero buscamos pola rede outras e baseámonos na que máis completa nos pareceu.
O primeiro paso sería a conceptualización.
O segundo paso a elaboración dun protocolo categorial, que ven sendo una serie de normas que nos din como segmentar un corpo segundo unha serie de criterios interpretativos e como efectuar o rexistro de datos para o seu posterior uso estadístico.
Destácanse tres aspectos esenciais a analizar: o contexto xeopolítico do programa, xa que o país no que se produce ten unha grande influencia; os actores do programa e a publicidade.
Adóitanse usar secuencias como unidade de análise, pero pareceunos mellor a opción deste traballo de analizar por actos, xa que son máis diferenciables e fáciles de identificar.
Para realizar a segunda parte do protocola, a guía de rexistro de datos, utilizáronse 11 fichas de análise que xa se utilizaran tamén en investigacións anteriores, de maneira que xa foran testadas, aínda que con modificacións. Estas fichas conteñen todo tipo de información acerca do programa, como poden ser aspectos sobre a produción, a publicidade, a duración do programa con publicidade incluída, a categoría á que pertence (ficción ou calquera outro xénero, series,películas, animación, documentais...), outras categorías como informativos, reportaxes, entrevistas, debates... se son retransmitidos, en directo, características dos personaxes, os seus valores e actitudes, a violencia que contén o programa se a contén, presencia de actos sexuais, discriminación... e todo tipo de influencias que poida recibir o neno.
O seguinte paso é a selección da mostra. Débese escoller a mostra máis representativa do programa e que non corresponda a un capítulo especial, como poden ser os de nadal ou calquera outro.
O cuarto paso é o rexistro, onde se analizan, se xuzgan e se codifican os datos recollidos. O quinto paso é a comprobación da fiabilidade da codificación, e o sexto a redución e análise dos datos, onde se calculan porcentaxes e se elaboran tablas de continxencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario