jueves, 7 de mayo de 2015

Conclusión

Para rematar o traballo toca facer unha breve conclusión, e ben, segundo parece, a programación infantil non está tan mal como pode parecelo ás veces, o principal problema é que os nenos teñen ao seu alcance programas que non deberían ver, pero porque non son dirixidos a eles, non os poñen na televisión para que os vexan eles. Un exemplo disto podería ser Padre de familia, que é unha serie de debuxos animados pero para adolescentes e adultos, non para nenos, aínda que a poñan en horario infantil. Neste caso son os pais os que teñen que evitar que os vexan, non deixar ao neno diante do televisor e que vexa calquera cousa que poñan. Aquí a importancia da tarefa dos pais como filtradores da programación.
Tamén é certo que, aínda que a programación infantil hoxe en día é bastante adecuada, hai algúns programas infantís que non son apropiados na súa totalidade. Hai que coidar que a pesar de que agora non se pasen do límite de calidade non vaia a peor a situación.
Temos tamén que ensinarlles aos nenos que non todo o que sae na tele está ben. Estamos acostumados a ver pequenos actos de violencia ou condutas inadecuadas na realidade, os programas imitan ou representan a realidade, polo que é inevitable que aparezan este tipo de cousas na programación infantil. O que debe facerse é decirlles que aínda que apareza na televisión non é o correcto, igual que si o vemos na vida real, deben diferenciar entre o que está ben e se debe ou pode imitar, e o que está mal e non  se pode facer.

Terceira análise



O
terceiro exemplo é un capítulo de Shin Chan, un anime (xaponés).
Neste programa temos de protagonista a Shin Chan, un neno de 5 anos
que vive en Kasukabe. Os personaxes son variados, os principais son a
familia Nohara, unha familia peculiar. Hai variedade entre homes e
mulleres, posto que aparecen moitos personaxes ao longo da serie e
varían entre chicos e chicas. As relacións que presenta a serie son
máis que nada de amizade, de familia, de parella e de veciños. Non
presenta actitudes discriminativas, pero sí outras inapropiadas,
Shin Chan é un neo moi maleducado que se entromete onde non o
chaman, fai trastadas e moitas veces fala de maneira ofensiva facendo
sentir aos demais incómodos ou ofendidos. Tamén presenta un culto
ao físico sobre todo nos corpos femininos, a maior parte das chicas
que aparecen son de bo ver, delgadas,altas e con grandes atributos
femininos. Polo xeral non transmite valores, pero nalgún capítulo
podemos atopar algún. Non é unha serie demasiado apropiada para os
nenos, porque poden acabar imitando a Shin Chan e influenciarse do
seu mal comportamento, aínda que é unha serie entretida con moita
variedade de historias e para nada monótona. Este programa estaría
dentro da calidade media.

Segunda análise







Aquí temos un par de capítulos de Hora de aventuras,outra serie de animación, estadounidense neste caso, que trata das aventuras de Finn, un neno de 12 anos, e o seu can Jake, que  ten o poder de cambiar de forma ao seu antollo. Estos personaxes principais tamén interactúan con outros secundarios, como pode ser Marceline, a raíña dos vampiros, o rei xeo, que ten poderes de xeo e unha multitude de princesas diferentes, como a princesa chicle, a cal está feita de chicle. Trátase dun mundo post apocalíptico, polo que poden resultar un pouco extravagantes, pero están tendo moito éxito.
Nestos debuxos podemos atopar un pouco de todo, en canto aos personaxes, haihai variedade entre masculinos e femininos, máis ou menos por igual, e tratándose de criaturas diferentes (humanos, chuches,vampiros, princesas de todo tipo, como a princesa chicle ou a princesa bultos...) maiormente as relacións son de compañeirismo e amizade, aínda que ao tratarse dunha serie de aventuras nas que os protagonistas se enfrentan a todo tipo de monstruos sempre se pode atopar algo de violencia (loita con espadas, corpo a corpo.. ). A pesar de presentar violencia non se econtra ningún tipo de lenguaxe inapropiado. Non se fomenta a discriminación nin actitudes disruptivas, todo o contrario, transmite valores e é unha serie moi entretida e divertida debido á súa variedade de temas, personaxes, historias e aventuras, sempre é diferente. Neste caso trataríase dun programa de calidade media segundo a clasificación anterior.



Primeira análise







Seguimos agora cunha breve análise da serie Narigota, la aventura del agua, unha serie española emitida desde o 2001. Esta é unha serie que trata dunha pinga de auga que se aventura cos seus amigos, un cubiño de xeo e unha nube de vapor, evitando a contaminación ambiental producido por un xermén. Trátase dunha serie didáctica na que se ensina aos nenos a coidar o medio ambiente. Como se pode observar no vídeo, os protagonistas son elementos da natureza personificados, pero na maioría dos casos personaxes masculinos. Este programa non presenta ningún tipo de discriminación nin acción violenta, a pesar de haber un personaxe enemigo que fai o papel de malo que quere contaminar todo. Tamén é apropiada a linguaxe que se emprega , sen palabras obscenas que non deben escoitar os nenos. Abundan as relacións de amizade e compañeirismo. Segundo a clasificación que fixemos anteriormente trataríase dun programa de alta calidade, por presentar contidos educativos e ningún nocivo. En conclusión sería unha boa serie para os nenos, posto que, ademais de proporcionar entretemento ensina con coñecementos e valores en canto ao saber do medio ambiente e os conciencia de que hai que coidalo.











Aspectos a ter en conta á hora de analizar

Os aspectos que máis preocupan e nos que é máis importante fixarse son, en primeiro lugar, e non por orde de importancia, os personaxes. É esencial que os personaxes que protagonizan os programas que ven os nenos sexan boas influencias, por iso é moi importante analizar as súas características, valores e actitudes. En canto a este aspecto, en xeral aparecen máis personaxes masculinos que femininos, pero si que é certo que desde que apareceu a televisión hai un incremento na porcentaxe de mulleres nos programas. Tamén temos que fixarnos nas relacións que aparecen entre os personaxes, xeralmente familiares ou de amizade. Por desgracia, na nosa sociedade dáselle moita importancia ao físico, polo que podemos atopar moitas veces cultos a este, a mensaxe de que a delgadez nos pode traer o triunfo ou a felicidade é prexudicial para os nenos, traendo consigo, en ocasións ata trastornos alimenticios como a anorexia ou a bulimia. A violencia e o sexo son dos temas máis alarmantes, aínda que os programas dirixidos aos nenos non conteñene en abundancia estos aspectos. Como xa dixemos, os valores e actitudes dos personaxes é moi importante, podemos encontrar actitudes prosociais ou disruptivas, como a discriminación, xa sexa de raza, sexo, nacionalidade, relixión... ao contrario que a violencia, encóntrase máis discriminación canto máis preto está o ano de produción. Outras condutas disruptivas poderían ser o consumo de alcohol ou drogas, que contadas veces se encontran na programación infantil. Por último está a publicidade, que ocupa un gran espacio na programación infantil, e en parte é o que a mantén viva, xa que grazas aos nenos que ven os xoguetes e demais nos anuncios e llos piden aos seus pais, as empresas dos anuncios seguirán pagando a aqueles canles que lles sirvan de publicidade e consigan ventas, de maneira que poidan seguir emitindo os programas.



Metodoloxía da análise

Nós non fixemos unha investigación completa, pero buscamos pola rede outras e baseámonos na que máis completa nos pareceu. 

O primeiro paso sería a conceptualización.
O segundo paso a elaboración dun protocolo categorial, que ven sendo una serie de normas que nos din como segmentar un corpo segundo unha serie de criterios interpretativos e como efectuar o rexistro de datos para o seu posterior uso estadístico. 
Destácanse tres aspectos esenciais a analizar: o contexto xeopolítico do programa, xa que o país no que se produce ten  unha grande influencia; os actores do programa e a publicidade.
Adóitanse usar secuencias como unidade de análise, pero pareceunos mellor a opción deste traballo de analizar por actos, xa que son máis diferenciables e fáciles de identificar.
Para realizar a segunda parte do protocola, a guía de rexistro de datos, utilizáronse 11 fichas de análise que xa se utilizaran tamén en investigacións anteriores, de maneira que xa foran testadas, aínda que con modificacións. Estas fichas conteñen todo tipo de información acerca do programa, como poden ser aspectos sobre a produción, a publicidade, a duración do programa con publicidade incluída, a categoría á que pertence (ficción ou calquera outro xénero, series,películas, animación, documentais...), outras categorías como informativos, reportaxes, entrevistas, debates... se son retransmitidos, en directo, características dos personaxes, os seus valores e actitudes, a violencia que contén o programa se a contén, presencia de actos sexuais, discriminación... e todo tipo de influencias que poida recibir o neno.
O seguinte paso é a selección da mostra. Débese escoller a mostra máis representativa do programa e que non corresponda a un capítulo especial, como poden ser os de nadal ou calquera outro.
O cuarto paso é o  rexistro, onde se analizan, se xuzgan e se codifican os datos recollidos. O quinto paso é a comprobación da fiabilidade da codificación, e o sexto a redución e análise dos datos, onde se calculan porcentaxes e se elaboran tablas de continxencia.


miércoles, 6 de mayo de 2015

Clasificación dos programas segundo o nivel de calidade

A partir dos criterios que vos citamos na entrada anterior podemos clasificar os programas nos seguintes tipos:


-Alta calidade: se presentan contidos educativos e non nocivos para o neno.

-Calidade media: se presenta contidos educativos pero acompañados de elementos negativos ou lenguaxe inapropiado, e tamén aqueles programas que non presenten contidos educativos pero tampouco negativos.
-Calidade baixa: aqueles programas que presenten contidos sexuais, independientemente de si conteñen educativos ou non.


De esta maneira sabemos máis ou menos cales son os programas que deben ver os nenos e cales non.

El cine visto a través del conductismo

Dentro del conductismo podemos hablar del condicionamiento clásico y del condicionamiento operante. En este escrito, nos centraremos en el c...